luns, 9 de decembro de 2019

25N-CANGAS EN NEGRO

CANGAS EN NEGRO

25N


25 de noviembre: Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres


#ennegro2019

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.
Segundo un recente informe da ONU as violencias machistas convertéronse na principal causa de morte das mulleres, de entre 15 e 44 anos, no mundo, e diversos estudos amosan que aproximadamente un 70 % das mulleres experimentaron violencia física e/ou sexual por parte dun compañeiro sentimental durante a súa vida. Só en España, desde o 2003 (ano en que se empezan a recoller cifras oficialmente), ata o 10 de xuño de 2019, foron asasinadas 1000 mulleres. Só nos dous primeiros meses do 2019 foron asasinadas 9 mulleres en España.
O alumnado de San Roque participou nos actos conmemorativos organizados pola Concellaría de Igualdade no auditorio de Cangas junto con outros colexios da contorna.

Representaron unha coreografía con tema musical alusivo á problemática actual en canto á violencia de xénero.