luns, 27 de abril de 2020

domingo, 19 de abril de 2020

VÉMONOS EN ....AS CLASES DE QUINTO

Bo día a todos e todas!!!!

Hoxe  imos empezar a traballar co novo blog no que veredas que hai un novo horario que é o que imos seguir a partir de agora para dar continuidade ao derradeiro trimestre que, como ditaminou o Ministerio de Educación e Formación Profesional e, a expensas das novas instrucións da Consellería de Educación,será considerado para reforzar e mellorar as competencias.

Traballaremos tódalas áreas curriculares segundo se establece,e, para o cal teredes que facer clic nos blogues dos profesores especialistas que veredes na marxe dereita.

Así mesmo, imos repasar tamén coa aplicación SNAPPET.ORG de xeito lúdico.Poremos cada día un traballo que se sacará ao día seguinte ou aos dous días, unha vez sacado, xa non se poderá realizar.
Iremos probando, porque é nova tamén para nós.😊

Sabedes que todo o traballo contabilizará como positivo para todos aqueles nenos e nenas que o fagan, se non se fai, non se contabilizará.

Tamén vos irémos pedindo que de cando en vez nos subades algún traballo á carpeta individual compartida en drive, e, sempre ao drive da nosa clase; o mesmo que seguiremos enviando aí os correos que queirades para a nosa comunicación.
Se algún de vós ten alguna debida, non dubidedes en preguntar.


correo: tercerciclosanroque@gmail.com

Este é o blog ao que ides acceder....pinchade na imaxe e xa vos redirecciona.
As entradas estarán minimizadas e teredes que pulsar en leer máis(aparece no pé á esquerda).


MOITOS BICOOOOOOOOOOOSSSSSS!!!!
😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘

VÉMONOS ALÍ!!!

venres, 17 de abril de 2020

TAREFA: VENRES 17 DE ABRIL

BO DÍA !!!!!!




LINGUA GALEGA


  • Facer ficha do capítulo 10 do libro de piratas:
Ler o capítulo 10 e nun folio completar estes puntos:
1) Debuxo do capítulo
2) Frase que máis te chamou a atención.
3) Comenta o que queiras do capítulo
4) Resumo do capítulo (mínimo 80 palabras)


MATEMÁTICAS

Tratamento da información.
Hoxe imos traballar con gráficas, neste caso, imos aproveitar o traballo da poboación para o mesmo.
Para empezar, visualiza estes vídeos para ver que é e como se elabora unha gráfica de poboación.



Analiza a seguinte gráfica respondendo ás preguntas.

LENGUA CASTELLANA

ORTOGRAFÍA: r y rr (Tema 8 de Netex. Apartado 4).
  • Haz la lectura de la regla de la r y rr. 
  • Luego haz las actividades online:1,2,3,4.
RETO

Reto¿Conoces algún trabalenguas en el que se juegue con los sonidos de la r? ¿Te animas a gravarlo y a compartirlo con  tus compañeros y la profe diciéndolo  lo más rápido que puedas?

¿Te animas a inventar tu propio trabalenguas con los sonidos de la r para que tus compañeros lo aprendan y lo reciten?