domingo, 19 de abril de 2020

VÉMONOS EN ....AS CLASES DE QUINTO

Bo día a todos e todas!!!!

Hoxe  imos empezar a traballar co novo blog no que veredas que hai un novo horario que é o que imos seguir a partir de agora para dar continuidade ao derradeiro trimestre que, como ditaminou o Ministerio de Educación e Formación Profesional e, a expensas das novas instrucións da Consellería de Educación,será considerado para reforzar e mellorar as competencias.

Traballaremos tódalas áreas curriculares segundo se establece,e, para o cal teredes que facer clic nos blogues dos profesores especialistas que veredes na marxe dereita.

Así mesmo, imos repasar tamén coa aplicación SNAPPET.ORG de xeito lúdico.Poremos cada día un traballo que se sacará ao día seguinte ou aos dous días, unha vez sacado, xa non se poderá realizar.
Iremos probando, porque é nova tamén para nós.😊

Sabedes que todo o traballo contabilizará como positivo para todos aqueles nenos e nenas que o fagan, se non se fai, non se contabilizará.

Tamén vos irémos pedindo que de cando en vez nos subades algún traballo á carpeta individual compartida en drive, e, sempre ao drive da nosa clase; o mesmo que seguiremos enviando aí os correos que queirades para a nosa comunicación.
Se algún de vós ten alguna debida, non dubidedes en preguntar.


correo: tercerciclosanroque@gmail.com

Este é o blog ao que ides acceder....pinchade na imaxe e xa vos redirecciona.
As entradas estarán minimizadas e teredes que pulsar en leer máis(aparece no pé á esquerda).


MOITOS BICOOOOOOOOOOOSSSSSS!!!!
😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘

VÉMONOS ALÍ!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario