domingo, 15 de marzo de 2020

ESTIMADAS FAMILIAS

Estimadas familias,
Como xa saben, estamos a vivir unha situación extraordinaria nos centros
 educativos polo que os mestres e mestras de 5º imos programar unha serie 
de actividades que iremos colgando no blog de aula para que os vosos/as fillos 
e fillas poidan continuar coa tarefa educativa na medida do posible. As 
actividades están deseñadas para facer ao longo da semana por días seguindo
 o horario escolar, pero poderán organizarse como mellor lles veña a eles.

Para elo, levaremos a cabo a programación e execución dun calendario  
ADAPTADO ÁS CIRCUNSTANCIAS de actividades e contidos. Conforme ao
 publicado no DOGA estes días, tales traballos non terán carácter avaliable, o 
obxectivo é  repasar contidos e presentar outros de fácil comprensión e 
execución a través da plataforma Edixgal onde o alumno/a pode facer e
 autocorrexir os exercicios, comprobando así o seu nivel de comprensión e 
resolución axeitada.


De seguido presento o calendario escolar, para ter presente os días de tarefa
 programada que se irán publicando, atendendo a seguinte  distribución.




Captura%20de%20pantalla%202020-03-14%20a%20las%2018.08.48.png

















Para calquera dúbida poden enviar eles mesmos (09;30-14:30) un correo á 
dirección da aula: 


Grazas pola súa colaboración.
Un saúdo,

Ningún comentario:

Publicar un comentario